acreditacións 

                notas de prensa

                dossier de prensa

                luns, 22-feb
                
martes, 23-feb
                
mércores, 24-feb

                acreditacións

  • multimedia

                fotos

                vídeos



 

 


rexístrate para recibir as nosas novas




O certamen busca de novo á mellor pulpeira ou pulpeiro galego. Nesta edición, o concurso desenvólvese na Praza de Abastos de Santiago, para achegar ao público a elaboración deste prato estrela da cociña galega.

El Corte Inglés, patrocinador do Fórum Gastronómico Santiago 2010, acolleu esta mañá (19 xaneiro) no seu centro de Vigo a presentación do evento que converterá a Santiago de Compostela en capital das cociñas do Atlántico.

Co obxectivo de fomentar a gastronomía de calidade nos fogares galegos El Corte Inglés, patrocinador do Fórum Gastronómico Santiago 2010, convoca Os Pratos da túa vida: I Concurso Galego de Cociña Familiar, cuxa final celebrarase o día 20 de febreiro.

Sempre apostando polas novas tecnoloxías, os bloggers gastronómicos contarán cun espazo propio no Fórum, o eFórum, no que amosar os seus coñecementos e experiencias e debater sobre a blogósfera.

O Recinto Feiral de Amio acollerá a todos aqueles profesionais da cociña interesados en gozar e aprender cos mellores cociñeiros do panorama actual.

Santiago de Compostela acollerá un auténtico despregamento de profesionais do mundo da enogastronomía o próximo febreiro. As mellores figuras internacionais, estatais e galegas mostrarán a súa arte culinaria no Fórum Santiago 2010. 

Esta noite preséntanse as las líñas básicas da programación da segunda edición do Fórum Gastronómico Santiago no Parador Hostal dos Reis Católicos. 

Os días 12 de novembro en Barcelona, 17 en Madrid e 23 en Oporto presentáronse as liñas mestras da próxima edición do Fórum Gastronómico. 

Terá lugar entre o 20 e o 24 de febreiro de 2010 no Recinto Feiral de Amio e en diferentes espazos da cidade e contará coa presenza dalgúns dos mellores cociñeiros do mundo. 

Xa se están ultimando os detalles do próximo Fórum Gastronómico de Santiago, que abrirá as súas portas do 20 ao 24 de febreiro de 2010.


< Anterior  1 | 2 | 3
separador

Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL  | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com   |  Nota legal   |   Nota técnica

blanco

blanco