



Empresa dedicada a la gestión, comunicación y organización de eventos gastronómicos.
![]()
O martes 23 de febreiro, sumilleres enólogos, xefes de sala, adegueiros, cociñeiros e demais profesionais do sector daranse cita nunha nova edición do Fórum Viño, complementado co Mercado do Viño.
15 establecementos de Santiago ofrecerán a súa Tapa Fórum, deseñada exclusivamente para a ocasión. Os clientes que decidan participar nesta ruta de tapas poderán obter diversos premios directos.
A Cámara de Comercio de Ourense acolleu esta mañá a presentación do Fórum Gastronómico 2010, As Cociñas do Atlántico, organizada por Rosareiro, empresa ourensá patrocinadora do evento que traerá a Galicia a mellor cociña do arco Atlántico.
O Fórum Gastronómico Santiago 2010 acolle esta exposición con exemplares únicos e procedentes de diversos países.
Dentro dos actos de fin de semana do Fórum Gastronómico Santiago'10 o sábado día 20 de febreiro, ás 6 da tarde, terá lugar no Hostal dos Reis Católicos a Poxa ART&WINE GALLERY con máis de 70 lotes de obras de arte e viños de colección.
O Fórum Cidade oferta un amplo programa de actividades que se desenvolverán en espazos privilexiados da cidade como o Hostal dos Reis Católicos, o Museo do Pobo Galego ou o Mercado de Abastos.
Estrella Galicia, empresa patrocinadora do Fórum Gastronómico 2010, As Cociñas do Atlántico, acolleu esta mañá en La Cervecería, situada na antiga fábrica de cervexa de Catro Camiños, a presentación do evento que traerá a Galicia a mellor cociña do arco Atlántico.
O Museo do Pobo Galego albergará a mostra do 5 de febreiro ao 7 de marzo. Un equipo de xornalistas, fotógrafos e historiadores deseñan unha exposición que explora as orixes e a evolución da gastronomía galega a partir das cociñas domésticas.
A feira que alberga o Fórum Gastronómico Santiago 2010 en Amio converterase nun amplo escaparate dos mellores produtos, os máis innovadores e as últimas tendencias no mundo da hostalería.
Ferran Adrià, Jacques Maximin, Marcelo Tejedor, Pierre Gagnaire, Gabino Sotelino ou Alice Feiring compartirán as súas impresións sobre o presente e o futuro do sector enogastronómico con profesionais da cociña e o viño.
Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com | Nota legal | Nota técnica