rexístrate para recibir as nosas novas




 

                acreditacións 

                notas de prensa

                dossier de prensa

                luns, 22-feb
                
martes, 23-feb
                
mércores, 24-feb

                acreditacións

  • multimedia

                fotos

                vídeos



 

 

 

PRESENTACIÓN


O Fòrum Gastronòmic -congreso pioneiro, innovador e independente-, vén celebrándose cun éxito innegábel desde o ano 1999. Os seus organizadores, Pep Palau, von Arend & Associats, conseguiron consolidalo como un punto de encontro imprescindíbel para empresas agroalimentarias, cociñeiros profesionais e restauradores. A solidez e o éxito do modelo conseguiron que se converta nun referente e modelo a seguir.

O Fórum naceu como un congreso profesional de e para cociñeiros. Baixo este paraugas, paralelamente foise consolidando unha feira de produtos de alta calidade: alimentación, bebidas, publicacións, utensilios ou maquinaria son o complemento ideal das actividades relacionadas co congreso. O programa fórmano sesións de cociña en directo da man de grandes cociñeiros nos que o asistente pode degustar as elaboracións realizadas, catas de viños, diálogos e un longo etcétera deseñado co único obxectivo de proporcionar ao profesional as mellores ferramentas de formación.

Son moitos os eventos inspirados no noso que foron aparecendo desde a súa creación pero o Fórum segue ofrecendo ano tras ano novos conceptos que crean escola. Porque congresos hai moitos, Fórum só hai un. 





 

 

Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL  | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com   |  Nota legal   |   Nota técnica

blanco

blanco