 |
PRENSA
Fórum Gastronómico converteuse nun evento de grande interese e repercusión mediática tanto a nivel nacional como internacional. Nesta edición, acreditáronse máis de 200 xornalistas de medios de comunicación xerais e especializados. Ademais, o evento contou coa participación de 23 xornalistas na viaxe de prensa nacional e con outros 20 da viaxe de prensa internacional.
A cobertura que deron todos os xornalistas foi moi ampla en todos os soportes: tiveron lugar diferentes programas de radio en directo durante o Fórum (Radio Galega, Cadea SER Galicia, Onda Cero e Radio Obradoiro), conexións tamén en directo dalgunhas televisións (TVG deu cobertura todos os días e Tele5 fixo tamén unha conexión en directo o primeiro día do Congreso Profesional), a parte do seguimento que fixeron outras moitas emisoras (TVE, Destino Galicia, La Sexta, Antena 3, Popular TV, Canal Cocina, Localia TV...).
Houbo, ademais, unha ampla presenza de medios escritos (prensa e revistas) e medios dixitais que tiveron acceso a información para preparar as súas reportaxes, entrevistas, etc.


Pronto disporemos dun resumo de prensa con todas as noticias ou referencias que saíron publicadas con motivo do Fórum Gastronómico Santiago 2010.
Grazas a todos polo voso interese e cobertura e esperámosvos de novo en Girona 2011 e Santiago 2012.
|