



Empresa dedicada a la gestión, comunicación y organización de eventos gastronómicos.
Os bloggers enogastronómicos estiveron de novo presentes nesta edición do Fórum Gastronómico. En total, acreditáronse ao redor de cincuenta que, ademais de dar cobertura ao evento nos seus respectivos blogues, tamén puideron participar no 3º Encontro de Bloggers que se realizou o primeiro día do Congreso Profesional no Recinto de Amio (luns, 22-feb).

No Encontro, que finalizou con esta foto de grupo, puideron participar activamente das mesas redondas e debates que se organizaron ao redor de temas de actualidade:
- Conferencia- Mesa redonda "Os bloguers gastronómicos ante o novo marco legal", con Víctor Salgado de Pinto & Salgado Abogados (A Coruña) y Alejandro Morán, autor do blog www.pantagruelsupongo.com.
- Mesa redonda "Máis aló dos blogues gastronómicos: Facebook, Twitter e as comunidades sociais", con Manuel Gago, autor do Blog Capítulo 0,Txaber Allúe, autor do blog Cocinero Fiel e Álvaro Cernada, Director comercial de verema.com.
- Faladoiro bloggers e cociñeiros con Miguel Vila, autor do blog Colineta, Marcos Morán, de Casa Gerardo de Prendes, e Pedro Martino, L’Alezna de Oviedo.
Estas foron algunhas das fotos das diferentes mesas redondas.

Antecentes
O Forum Gastronómico na súa primeira edición en Galicia, no ano 2008, acolleu o primeiro Encontro de bloggers gastronómicos. O Forum foi unha vez máis pioneiro en novas propostas, dando cabida no evento a este movemento imparábel. A cita foi un éxito.
Ao ano seguinte, na edición 2009 do Fórum Gastronómico de Girona, os bloggers repetiron experiencia. Clases maxistrais, reflexións, debates, novas tecnoloxías e a confirmación da consolidación do movemento, pese a quen pese. A blogosfera existe con peso propio no universo da comunicación gastronómica.
Galicia atesoura unha concentración de bloggers gastronómicos comparábeis á diversidade de produtos de calidade do territorio, e con esta nova edición en Santiago déronse a coñecer novas propostas e novas inquietudes, quedando ben clara a plena sintonía que existe entre o mundo da cociña profesional e o da internet gastronómica.
Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com | Nota legal | Nota técnica