acreditacións 

                notas de prensa

                dossier de prensa

                luns, 22-feb
                
martes, 23-feb
                
mércores, 24-feb

                acreditacións

  • multimedia

                fotos

                vídeos



 

 


rexístrate para recibir as nosas novas




O Fórum Gastronómico despídese de Santiago ata o ano 2012

Ás 18.30 horas o Auditorio do Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atlántico acolleu a entrega dos Premios Picadillo a cinco profesionais galegos en recoñecemento á súa traxectoria en diferentes ámbitos vinculados á gastronomía.Estes premios toman o seu nome do coñecido xornalista gastronómico galego.

O acto, presentado por Pep Palau, co-director do Fórum Gastronómico Santiago 2010, estivo precedido pola entrega do Premio á mellor tapa do certame Fórum Tapas. O Catro recibiu o galardón de mans de Jose Antonio Liñares, presidente da Asociación de Hostelería de Santiago, pola súa tapa “A madrigueira”.

A continuación entregáronse os premios Picadillo, distribuídos en cinco categorías. Maruxa Ledo, xerente de Turismo de Santiago, entregou o Premio á Formación Hostaleira ao CIFP Compostela, en recoñecemento ao labor académico que leva a cabo curso tras curso. Antonio Muíños, propietario de Porto Muíños, recibiu o Premio á Promoción Agroalimentaria de mans de Javier Louzao, director comercial de Rosareiro, polo seu traballo de investigación, desenvolvemento e produción ao redor das algas. Manuel Pérez Piñón, Xefe de Trade Mercadotecnia de Fillos de Rivera, entregou a Gerardo Méndez, de DO Ferreiro, o Premio á Promoción do Viño, pola súa inxente achega á enoloxía e á viticultura, e o seu labor na promoción exterior dos viños galegos.

José Manuel Branco, Director de Relacións Institucionais do Corte Inglés, entregou a Eduardo Pardo, de Casa Pardo (Coruña) o Premio á Sala de Restaurante en recoñecemento á traxectoria de toda unha vida dedicada á dignificación do oficio de sala. Finalmente o Chef Rivera, de Padrón, recibiu o Premio Cociña Galega en recoñecemento e homenaxe a quen dedicou toda a súa vida profesional á cociña. Entregou o premio Julio Castro, Director do Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago.


Joan Roca, un tres estrelas para pór o broche final ao Fórum Santiago

A última xornada do Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atlántico, celebrado en Santiago de Compostela, volveu estar marcada pola presenza de grandes figuras da cociña internacional mostrando o seu talento en directo.

Abriron a mañá os talleres de Pepe Solla e Jean Marie Baudic sobre a cociña do Atlántico, e Sergio e Javier Torres, cunha selección de alimentos amazónicos. Sotohiro Kosugi mostrou o traballo co peixe cru, Bernard Lahousse e Peter Coucquyt explicaron a súa teoría do FoodPairing e Vitor Matos e Bento Amaral achegáronnos a cociña portuguesa. A xornada tamén incluíu sesións dos galegos Alfonso González e María Varela, Javier Olleros e Xoán Crujeiras, e os cataláns Jaume Estruch e Josep de Haro trataron sobre a relación ciencia-cociña. O famoso chef francés Pierre Gagnaire xunto a Gabino Sotelino, Julio Cerviño e Pep Palau trataron nun diálogo sobre o aspecto empresarial do mundo da cociña.

A xornada pechouse cunha sesión sobre “humildade e estrelas” ofrecida por Joan Roca, de El Celler de Can Roca. Ademais, durante todo o día o Recinto Feiral de Santiago, en Amio, continuou recibindo a visita de afeccionados á gastronomía.

Mañá ás 11.30 horas, no Concello de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago, e Pep Palau e Jaume von Arend, codirectores do Fórum Gastronómico, realizarán unha valoración do Fórum Gastronómico Santiago 2010.

O Fórum Gastronómico Santiago 2010 é un evento promovido polo Concello de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela e a Cámara de Comercio, e organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend & associats. Os seus patrocinadores institucionais son a Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Medio Rural e do Mar, Turgalicia, a Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. Como patrocinadores privados conta con El Corte Inglés, Estrella Galicia, Cabreiroá, Paradores, Rosareiro e Angelo Po.

Pagina anterior


separador

Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL  | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com   |  Nota legal   |   Nota técnica

blanco

blanco