



Empresa dedicada a la gestión, comunicación y organización de eventos gastronómicos.
![]()
Ferran Adrià, o Fórum Doce e o III Encontro de Bloggers Gastronómicos foron os eventos máis destacados da primeira xornada do congreso profesional do Fórum Gastronómico Santiago 2010. Mañá é o día do Fórum Viño.
A primeira xornada do congreso profesional do Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atlántico, que se celebra en Santiago de Compostela, contou co que é actualmente o cociñeiro máis relevante do panorama internacional, o catalán Ferran Adrià. Primeiro ofreceu unha sesión inédita na que preparou en directo un resumo dos pratos máis representativos do que se podería chamar a súa “colección 2009”, para a continuación desvelar o futuro de El Bulli, que se converterá en Fundación no ano 2014, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Xosé Manuel Igrexas, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago, e Pep Palau, codirector do Fórum Gastronómico. Xa pola tarde, participou no diálogo 25 anos de cociña creativa: mitos, xenios e cociñeiros, xunto a Xaques Maximin e Marcelo Tejedor.
O luns foi tamén o día dedicado á cociña de sobremesa co Fórum Doce, que contou coa presenza dos mellores reposteiros e pasteleiros. Os cataláns Ramon Morató e Jordi Butrón, o danés Jakob Mielcke e o milanés Ernst Knam mostraron a súa arte en directo na Sala Cunqueiro. A sala Ateneo acolleu o III Encontro de Bloggers Gastronómicos, con conferencias e mesas redondas nas que se debateu sobre o presente e o futuro dos blogs.
O Fórum tamén tivo espazo para a cociña galega de Pedro Roca e Flavio Morganti, a asturiana de Nacho Manzano ou a cociña vasca de Pedro e Aitor Arregui. A cociña de frío extremo de Agnar Sverisson e a cociña de vangarda portuguesa de Antonio Vieira completaron o programa.
Dentro das actividades programadas polos expositores celebrouse unha sesión de Pesca de Rías, unha cata de viños da Adega Ponche da Boga e a presentación de Edicións Trea.
El FGS’10 é un evento promovido polo Concello de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela e a Cámara de Comercio e organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend & associats. Os seus patrocinadores institucionais son a Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Medio Rural e do Mar, Turgalicia, a Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. Como patrocinadores privados conta con El Corte Inglés, Estrella Galicia, Cabreiroá, Paradores, Rosareiro e Angelo Po.
![]()
Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com | Nota legal | Nota técnica