acreditacións 

                notas de prensa

                dossier de prensa

                luns, 22-feb
                
martes, 23-feb
                
mércores, 24-feb

                acreditacións

  • multimedia

                fotos

                vídeos



 

 


rexístrate para recibir as nosas novas




Presentación do Grupo Galicia Gourmand "Cociñas con Encanto"

O próximo 24 de febreiro ás 13:45 no Auditorio do Fórum Gastronómico e logo da intervención de Afonso González e María Varela, o Grupo Galicia Gourmand “Cociñas con Encanto” fará a súa presentación ante os medios de comunicación e ante o público do auditorio.

O Grupo Galicia Gourmand arrinca a súa andaina no ano 2009 e nace como selo de identidade de catorce establecementos galegos que propoñen unha promoción baseada na continua referencia aos produtos propios da nosa terra e do noso mar como fonte principal de calidade.

A creatividade e innovación cun estilo único e definido da máis alta calidade, son sinais de identidade das nosas cociñas. As cociñas do Grupo Galicia Gourmand caracterízanse polo agarimo á creación de novos sabores que nacen dos produtos tradicionais da terra galega e do vangardismo e a imaxinación que dan como resultado unha cociña diferente, detallista e personalizada.

O trato próximo co cliente e co provedor son a garantía de éxito dos nosos establecementos e a través da nosa asociación, pretendemos promocionar tanto os produtos específicos de determinadas zonas da xeografía galega como a súa forma de entender o oficio.

Todos os profesionais que formamos o Grupo Galicia Gourmand Cociñas con Encanto, temos unha dilatada traxectoria e experiencia no noso sector e representamos unha comuñón de cociñas nas que se profesa unha veneración dos produtos artesáns e de calidade.

Os catorce establecementos que nos subimos a este proxecto son os seguintes: - Mesón de San Lázaro - Santiago de Compostela - A Casa dos Martínez - Padrón - Mesón Afonso - Ferrol - Casa Pendas - Narón - La Bodeguilla del Huerto - Oleiros - Pazo de Mendoza - Baiona - Casa Moncho - Vigo - Restaurante Gaioso - A Coruña - Restaurante Castelo - Pobra do Caramiñal - Detapaencepa - Vigo - La casa de las 5 Puertas - Pontevedra - Reicoral de Ansemil - Celanova - A Parada das Bestas - Pas de Rei - Asador O Pazo - Padrón.

Desde o mesmo día da presentación, porase en marcha as “Rutas das Cociñas con Encanto” que consistirá na realización dunha cartilla na que figurarán os selos de todos os nosos restaurantes. Se un cliente realiza unha comida en todos os establecementos do Grupo Gourmand Cociñas con Encanto, o cliente será premiado cunha comida/cea para dúas persoas nun dos locais asociados que elixa.

Pagina anterior


separador

Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL  | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com   |  Nota legal   |   Nota técnica

blanco

blanco