acreditacións 

                notas de prensa

                dossier de prensa

                luns, 22-feb
                
martes, 23-feb
                
mércores, 24-feb

                acreditacións

  • multimedia

                fotos

                vídeos



 

 


rexístrate para recibir as nosas novas




A Novena Gastronómica leva a cociña vangardista do Grupo Nove ás tascas de Santiago

Esta mañá o concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, Pep Palau, co-director de Fórum Gastronómico, e Antonio Botana, presidente do Grupo Nove, presentaron en rolda de prensa no Concello de Santiago a iniciativa.

Esta peculiar novena enmárcase no Fórum Cidade, que converterá á cidade nun foro de gastronomía durante os días que se celebra o Fórum Gastronómico Santiago’10, con actividades para todos os públicos.

Distribuídos por parellas, 18 dos cociñeiros máis vangardistas de Galicia presentarán a súa particular “posta ao día” da cociña galega en pequeno formato e a un prezo reducido de 2 euros por tapa, que permite que composteláns e visitantes se acheguen á cociña máis actual.

A Novena Gastronómica celébrase o domingo 21. Desde as 20.30 horas as creacións destes mestres da cociña estarán dispoñíbeis para ser degustadas. Ás 23.30 horas a noite culminará cunha festa na Sala Moon para todos os apaixonados da gastronomía galega.

O FGS’10 é un evento promovido polo Concello de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela e a Cámara de Comercio, e organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend & associats. Os seus patrocinadores institucionais son a Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Medio Rural e do Mar, Turgalicia, a Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. Como patrocinadores privados conta con El Corte Inglés, Estrella Galicia, Cabreiroá, Paradores, Rosareiro e Angelo Po.

NOVENA GASTRONÓMICA
DATA: Domingo 21 de febreiro.
HORA: de 20.30 a 23.30 horas.
PREZO TAPA: 2 euros.
LUGARES E COCIÑEIROS: - CENTRAL • Antonio Botana e Yayo Daporta - LA CAVITA • Beatriz Sotelo e Xoán Manuel Crujeiras - LA VIURA • Hector López e Javier González - NEGREIRA “O PATATA” • Xosé Cannas e Javier Olleros - CATRO • Gonzalo Rei e Rafael Centeno - PICHO DA CERCA • Iñaqui Bretal e Pablo Romero - TAPERÍA CASTELAO • Javier Rodríguez “Taky” e Miguel Ángel Campos - TRÁNSITO DOS GRAMÁTICOS • Eduardo Pardo e Manuel García - LA BODEGUILLA DE SAN ROQUE • Pepe Solla e Alberto González. 

SALA MOON: festa final a partir das 23.30 horas. Entrada libre.

Pagina anterior


separador

Diseño web y Desarrollo web Mastercafe SL  | Hosting Alojamiento web tráfico ilimitado ISPActivo.com   |  Nota legal   |   Nota técnica

blanco

blanco