O Fórum Gastronómico Santiago´08 espertou un gran interese entre os sectores de alimentación, restauración e turismo, que estiveron presentes na feira. Ao longo dos cinco días que se celebrou o encontro culinario preto de 15.000 persoas visitaron o recinto que acollía o Fórum Santigo’08.
 
E é que As Cociñas do Atlántico converteuse nun verdadeiro punto de encontro obrigado para os profesionais e amantes da gastronomía. O espazo feiral reuniu a máis de 150 firmas en 70 casetas, ocupando 5.000 m2 da zona expositiva do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e converténdoo así, e durante os 5 días que durou o Fórum, nun escaparate dos mellores produtos de Galicia e do mundo enteiro.
 
Desta forma, o Fórum eríxese como un novo factor de atracción e difusión da gastronomía galega consolidando Santiago como destino de Turismo enogastronómico de primeira orde.
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39