Dez empresas optaban aos IV Premios InnoFórum que convocou Fórum Gastronómico Santiago’08, evento que se celebra ata mañá no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Os galardóns queren recoñecer o esforzo innovador das empresas dentro do sector da gastronomía.
 
O premio posúe tres categorías distintas: o recoñecemento ao produto de concepto máis innovador, ao mellor packaging/presentación e ao sabor máis innovador. En total, son 21 os produtos que optaron aos premios. O premio Innofórum á mellor presentación foi para a Crema xeada de tarta de Santiago, de Sandro Desii, envasada nun práctico vaso individual que incorpora unha cuchariña. Recolleu o galardón de mans de Iñaki Gaztelumendi, xerente de Turismo de Santiago. O premio ao gusto máis innovador recaeu no aceite de oliva virxe extra de Aceites Vizcántar, de Priego de Córdoba, pola “intensidade do seu froitado con tons amendoados e o grande equilibrio entre o amargo-picante e doce que posúe”. O produto ven presentado nun envase de cerámica vitrificada para preserva-lo da luz e o aire. Entregou o premio Jaume von Arend, codirector do Fórum Gastronómico. Por último, o galardón ao concepto máis innovador levouno Serie limitada de Conservas Cuca, unidades limitadas dependendo da calidade do produto recollido nunha lonxa e data determinadas, dentro da máxima calidade existente en Galiza. Entregou o premio Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela.
 
Os membros do xurado, composto por relatores e cociñeiros da presente edición do Fórum Gastronómico, fixeron público o seu veredicto na cerimonia de entrega de premios, que tivo lugar no Auditorio Compostela do Palacio de Congresos.
 
Os produtos participantes están ubicados na zona Innofórum da Feira, un espazo dotado de vitrinas nas que quedan expostos durante todos os días de celebración do evento. A zona InnoFórum serve de punto de encontro entre congresistas, produtores e visitantes.
 
Fórum Vino, eixo central na xornada de hoxe
Con ostras, chocolate ou queixo, o viño foi o protagonista da xornada de hoxe do Fórum Gastronómico Santiago’08, evento organizado por Pep Palau Von Arend & Associats, e promovido pola Concellaría de Turismo, dirixida polo nacionalista Xosé Manuel Iglesias. O Fórum converteuse hoxe no punto de encontro de expertos e afeccionados á cultura enóloga, con catas guiadas a cargo de expertos da talla de Ramon Freixa, Rui Falcao, Xoan Cannas, Guillermina Sánchez, Andrés Conde e Sacha Ormaechea.
 
Asimesmo, celebrouse o Mercado do Viño, no que 10 adegas singulares do Arco Atlántico amosaron os seus produtos máis destacados.
 
O programa se completouse con sesiones de cociña en directo de Paul Cunnigham, Vitor Sobral, Roberta Sudbrack, Seiji Yamamoto e Aitor Elizegui, que rexistraron un cheo absoluto.
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38