A enogastronomía é un destes pequenos mundos nos que o impacto dos blogs creou unha maior expectación, permitindo aos consumidores e aos especialistas unha nova canle de intercambio e información cunha crecente influencia e visibilidade.
 
Sesións de traballo:
Luns, 18 de febreiro
  • 16 h a 17.15 h, Ateneo
    1ª sesión de traballo, presentada e guiada por Manuel Gago, director de culturagalega.org e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Esta conferencia busca mostrar e analizar as últimas tendencias na Internet gastronómica e o blogging.
  • 17.30 h a 18.15 h, Auditorio Compostela
    Diálogo onde se representarán dous xeitos ben diferenciados de entender tanto a publicación como a recepción de crónicas enogastronómicas. Participantes: Ferran Adrià, cociñeiro e propietario de El Bulli, Carlos Maribona, xornalista, autor e director do blog Salsa de Chiles; Rafael Anson, secretario Xeral de FUNDES. Presidente da Academia Española de Gastronomía; Pau Arenós, crítico gastronómico de El Periódico, condución: Pep Palau. 
  • 18.30 a 19h, Ateneo
    É o momento do faladoiro e o intercambio de experiencias e opinións. Ferrán Adrià e Carlos Maribona participan nun coloquio aberto a todos os participantes no Encontro sobre a experiencia de ler, escribir e participar en blogs e redes sociais de gastronomía.
  • 18.45 h a 20 h, Ateneo
    2ª sesión de traballo, presentada e guiada por Irene García Medina, profesora e investigadora do GRID (Grupo de Investigación en Interaccións Dixitais da Facultade de Empresa e Comunicación da Universidade de Vic). Irene García explorará novas fronteiras onde se cruzan o dixital e a gastronomía.
Condicións de participación
É necesario acreditar a autoria dun blog gastronómico propio. A organización resérvase o dereito de admisión.

Como acreditarse
Os bloggers interesados en participar deberán formalizar a inscrición cumprimentando o formulario de inscrición de bloggers e mandalo á seguinte dirección de correo electrónico prensa@forumsantiago.com.
 
A inscrición no eFórum permitirá a todos os bloggers acreditados asistir de forma gratuíta como prensa a todas as sesións do Fórum (sempre que queden prazas vacantes).
 
Para máis información:
Jetti Hoenisch
902 30 40 66
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39