|
CERRAR |
|
|
|
Cocina para chapantes, Ultranoite gastronómica e un ciclo de cine gastronómico son as propostas culturais que se puideron veren Santiago a semana previa á celebración do evento.
Ademais de todas as propostas que se realizarón dentro do recinto do Fórum, Santiago ofreceu unha relación de actividades culturais que tiveron lugar en distintos espazos da cidade. Deste xeito a cidade uniuse a este gran acontecemento gastronómico e invitou a participar a todos os composteláns e compostelás.
A programación empezou a principios do mes de febreiro co ciclo ‘Cine e gastronomía’. A partir del día 4, o Teatro Principal acollía a proxección de diferentes filmes relacionados coa gastronomía. Títulos como Vatel, de Roland Joffé, La grande bouffe, de Marco Ferreri, Mondovino, de Jonathan Nossiter ou Drei sterne, deSandra Nettelbeck foron algunhas das propostas deste ciclo.
Ademais do cine, o Teatro Principal tamén acolleu o espectáculo Cociña para chapantes, de Mofa e Befa o tandem galego formado por Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira. Unha recompilación de tres dos números máis reclamados para o público adicto a Mofa e Befa, “Cocina económica”, “Cocina caníbal” e “Cocina kakofónica”.
A Mofa e Befa seguiuno Ultranoite Gastronómica cun espectáculo composto por breves pezas nas que se mesturában música, teatro, maxia, circo e vídeo facendo un achegamento á actualidade, unha mirada crítica, aceda, irreverente e divertida a todo aquilo que acontece ao noso redor.
|
|